Con Lavandeira intento mostrar as miñas orixes, os meus costumes, "A MIÑA TERRA".
A principal fonte para realizar estes estilismos é a Cultura Galega, os traxes que usaban os meus antepasados, as suas formas, os complementos, o uso...
As mulleres, as campesiñas, as lavandeiras galegas son as grandes protagonistas destas creacións, onde unha muller de costumes e gran traballadora cubríase con numerosas pezas para realizar os quefaceres do seu día a día.
A pesar de estar inspirada en principios do século XX vemos unha patronaxe vangardista, con numerosas formas xeométricas e grandes volumes, que proporcionan certa modernidade á colección.
Para a súa realización empregamos como tecido principal a arpilleira, complementada con cadros vichy e lonas finas. As pezas de arpilleira están bordadas e pespuntadas a man, de forma completamente artesanal.