Inspirada na campiña franco-italiana, é unha colección fresca, chea de cor e moi traballada.
Para a súa confección empregamos tecidos naturais como a rafia ou o liño, que os bordamos a man e combinamos con coloridas sedas.
Tamén utilizamos outros materiais como a la, coa que facemos corpiños empregando as técnicas de calceta ou labor de gancho.
As cores da colección lévannos a unha paisaxe coma se da mesma Marsella se tratase: violetas iguais aos marabillosos campos de Lavanda, verdes "uva" para irse á vendima, ou cores terra e suaves, como os seus característicos casaríos.